SRU

Protocolo SRU

SRU ( Search/Retrieve via URL ) é un protocolo de busca normalizado que se emprega na Internet para consultar bases de datos mediante o uso de CQL (Commun Query Language), unha sintaxe normalizada de consulta. SRW é unha variante do SRU na que as mensaxes se dirixen do cliente ao servidor non a través dunha URL senón empregando a linguaxe de marcado XML sobre HTTP. O SRW, segundo a recomendación do W3C, emprega SOAP Simple Object Access Protocol que especifica como encapsular unha mensaxe dentro dun esquema XML. A norma SRW intenta adherirse ás directrices da interoperabilidade de servizos web.

A Library of Congress é a axencia que mantén estes protocolos, cuxo uso tamén promove o programa, ICABS da IFLA. Desta maneira, a Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico é accesible tanto para a consulta como para a recuperación dos seus rexistros, a través destes protocolos que, xunto co xa mencionado OAI, forman parte da arquitectura básica da Biblioteca Digital Europea

La dirección del servidor SRU/W es https://prensahistorica.mcu.es/es/sru/sru.do.